Marcos Dono participou no EASP General Meeting 2026 da European Association of Social Psychology, celebrado en Estrasburgo (Francia), do 30 de xuño ao 4 de xullo de 2026.
Durante o mesmo, organizou unha das pre-conferences, titulada «Social Psychology in the age of AI», xunto con Mengchen Dong e Jim A.C. Everett, na que cerca de 20 investigadores e investigadoras de distintos países presentaron o seu traballo.
Así mesmo, Marcos dono participou no simposio titulado «Extremism Through the Lens of Social Psychology: Multiple Theoretical Perspectives», moderado por Laura Prislei e no que compartiu espazo con grandes figuras no campo do estudo científico do extremismo, como Erica Molinario ou Michael Hogg. No simposio, presentou o traballo «Extremism as a matter of conscience over currency? Comparing moral and economic threats as catalysts of extreme political action», no cal se comparan os efectos das ameazas de tipo moral e de tipo económico nas actitudes extremistas.

