Laura Docampo participou no EASP General Meeting 2026 da European Association of Social Psychology, celebrado en Estrasburgo (Francia), do 30 de xuño ao 4 de xullo de 2026.
No congreso presentou o póster «What happens when they neglect us: Measuring collective misrecognition and its role as a predictor of political extremism», un traballo no que se desenvolveu o concepto de falta de recoñecemento colectivo e se analizaron as súas implicacións para o extremismo político.

