Laura Docampo recibe unha Seedcorn Grant da European Association of Social Psychology (EASP)
A investigadora predoutoral de COSOYPA Laura Docampo recibiu, xunto con investigadoras internacionais da University of Hamburg, a ELTE Eötvös Loránd University e a University of Melbourne, unha Seedcorn Grant da European Association of Social Psychology (EASP). Trátase dun financiamento outorgado pola EASP ao proxecto de investigación «When Criticism Becomes Threat: Does Moral Rhetoric Fuel Political Disidentification and Populist Support?». Este derívase da EASP Summer School 2025, á que a investigadora asistiu o verán pasado na Universidade de Kent, e será levado a cabo nos próximos meses.
Pódese consultar a relación de bolsas outorgadas no boletín de maio da EASP.
