Cristina Gómez Román participa na xornada «Saúde nun clima que cambia»
O 26 de febreiro, Cristina Gómez Román participa na xornada «Saúde nun clima que cambia», organizada polo Consello da Cultura Galega. Nesta xornada, Cristina ofrece unha mirada sobre o cambio climático dende o punto de vista da psicoloxía, falando da necesidade de adaptación cara o cambio climático e do impacto que este fenómeno ten na cidadanía.
Podedes atopar a súa ponencia na seguinte ligazón, a partir das 2h 15minutos, e tamén no debate final a partir das 4h 23min: youtube.com/live/kZWG30vbnlI?si=5pNoFwnaJAeNzigb

