COSOYPA conta cun Proxecto de Xeración de Coñecemento 2025 proposto para concesión
O proxecto «Análisis psicosocial de los determinantes del apoyo y la oposición a la política asistida por inteligencia artificial», coordinado por Marcos Dono e Mónica Alzate, foi proposto para financiamento nas axudas a Proxectos de Xeración de Coñecemento do Programa Estatal para a Investigación e o Desenvolvemento Experimental, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2024-2027.
Trátase dun proxecto con proxección e colaboracións internacionais, que conta coa participación de distintos membros de COSOYPA tanto no equipo de investigación como de traballo.
Pódese consultar a resolución provisional aquí.
