Laura Docampo participa na EASP Summer School na Universidade de Kent

A escola de verán da Asociación Europea de Psicoloxía Social (EASP), levada a cabo na Universidade de Kent, en Canterbury, tivo lugar entre o 19 e o 31 de xullo de 2025 baixo a organización de Jim A.C. Everett. Esta escola, co tema «Growing the Future of Social Psychology», foi a máis multitudinaria dos últimos anos, participando máis de 80 investigadoras e investigadores de 21 países distintos. Laura Docampo formou parte do workshop «Social Identity, Extremism, Uncertainty, and Change», liderado por figuras de gran relevancia no ámbito como Michael Hogg, Dominic Abrams e Fanny Lalot. Os e as asistentes recibiron tamén formación metodolóxica, sobre temas como a simulación en análises de poder estatístico, análise bayesiana, meta-análise ou ciencia aberta, entre outros. A escola de verán foi un espazo de colaboración, desenvolvendo os seus propios proxectos de investigación con profesionais de distintas partes do mundo.