Cristina Gómez Román participou no congreso da European Health Psychology Society (EHPS 2025), celebrado en Groningen (Países Baixos) do 26 ao 29 de agosto de 2025, dentro do simposio Ensuring access to safe water: Research from environmental health psychology on mitigation and adaptation factors.

Na súa comunicación titulada Public Acceptance of Decentralized Wastewater Systems and Their By-Products: A Multi-Study Approach, presentou unha síntese de tres estudos sobre os factores psicosociais que inflúen na aceptación social das plantas descentralizadas de tratamento de augas residuais.