Esta semana, o grupo de investigación COSOYPA recibiu a visita do Prof. George Marcus, profesor emérito do Williams College, Williamstown (EE. UU). O Prof. Marcus impartiu o seminario «Cognitive and emotional approaches in political psychology» aproveitando a súa estancia como profesor visitante. Neste seminario, fíxonos unha presentación do seu modelo de intelixencia afectiva, indicando a súa relevancia para o comportamento social e político, e profundizou nos factores cognitivo-emocionais que se asocian ao populismo.
Queremos agradecer no nome de todos os integrantes de COSOYPA a visita por parte do Prof. Marcus.