Nome do proxecto: Servizo de asistencia técnica para o proxecto Arredor do rural

Investigador(es) principal(is): Jesús García Álvarez y Cristina Gómez Roman

Institución financiadora: AGADER. Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Identificador: 2023-CP028

Datas: dende o 29/03/2023 ata o 30/11/2023

Obxetivos: 

  • Implicar ó estudantado de diversas titulacións na colaboración directa con entidades do mundo rural, promovendo así unha experiencia que aporte recoñecemento e enerxía ás iniciativas rurais e unha aprendizaxe e con vistas ó futuro no rural para o estudantado.
  • Visibilizar traballo na diversidade e interdisciplinariedade, reducindo así o estigma do medio rural como atrasado ou homoxéneo e promovendo o asentamento da poboación.

A Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural é unha rede interdisciplinar e interinstitucional que traballa dende a sinerxía da universidade e as iniciativas de emprendemento e innovación social no medio rural.

Está coordinado en colaboración pola Asociación Avoar e o GI-ESCULCA e COSOYPA da USC, e implica a máis de 20 entidades do medio rural, a Escola Superior de Educación do Instituto Politécnico de Viana do Castelo e as tres universidades galegas (USC, UVigo e UDC).

O traballo diríxese á recuperación do territorio dende un punto de vista ecosocial, fomentando a alianza entre o coñecemento local e profesional e o coñecemento científico-académico, así como amosando ó estudantado vías de futuro para posibilitar a sostibilidade da vida no rural.